Pilar Porral impartirá unha charla sobre Videoxogos e Redes Sociais no Ceip do Páramo
SarriaXa
A actividade, que contará con actividades coeducativas, será este venres no propio centro educativo
13 Xuño 2024
O Concello do Páramo organiza, xunto co CEIP do Páramo, uns obradoiros de igualdade con actividades coeducativas a través dos videoxogos e as redes sociais.
Esta iniciativa, que terá lugar este venres, 14 de xuño, ás 15.15 horas no propio centro educativo, vai dirixido ao alumnado do colexio, pero tamén aos pais, nais e demais proxenitores.
A charla sobre Videoxogos e Redes Sociais será impartida por Pilar Porral, xestora da entidade de consultoría de coeducación Coeduca Consultora, que nace pola sensibilidade e formación en materia de igualdade de Porral.