Piñeira, en Sarria, celebra as súas festas

SarriaXa
A celebración comeza con pancetada veciñal a partir das 22.00 horas e logo verbena a cargo do grupo D´Cache
fogos-artificiais-festas-patronais
Imaxe recurso
26 Xul 2024

Piñeira, en Sarria, celebra as súas festas na honra a San Miguel os días 27, 28 e 29 de xullo. A celebración comeza este sábado con pancetada veciñal a partir das 22.00 horas e logo verbena a cargo do grupo D´Cache.

O domingo haberá, a partir das 13.30 horas, misa solemne, procesión e sesión vermú a cargo de Punto Clave que tamén amenizará a verbena xunto co Dj Patakiña. O luns haberá tamén procesión, sesión vermú a cargo de Zona Zero que tamén estará á noite coa orquestra Olympus.

0.16085195541382