Plantón histórico no pleno de Sarria
Sorprendente decisión do equipo de goberno de Sarria ao non acudir en bloque ao pleno extraordinario solicitado polo Partido Popular provocando as críticas unánimes da oposición.
Os constantes conflictos, cruces de declaracións e encontróns varios entre goberno municipal e grupos da oposición no Concello de Sarria alcanzou este martes 11 de maio un momento que os representantes de PP, PSOE e BNG califican unánimente de “histórico”.
“É unha vergoña e unha falta de respeto ao pobo, as familias e as empresas de Sarria”, comentaba o portavoz municipal do Partido Popular, José Antonio García, quen engadía que “deixa unha imaxe lamentable de Sarria nun tema fundamental para o o noso concello”.
O nacionalista Efrén Castro tiña claro que “é posible que estemos a falar da primeira vez na historia na que o grupo de goberno non se presenta a un pleno”. O edil do BNG considera a actitude do equipo de goberno “unha falta de respeto e de responsabilidade grande. Pode gustarche ou non pero trátase dun pleno convocado formalmente. Deixoume bastante sorprendido especialmente porque estamos a falar dun goberno en minoría”.
Unha opinión compartida tamén pola socialista Pilar López. “Dende que teño uso de razón política é a primeira vez que vexo algo así. O mínimo é que estiveran alí. Foi unha auténtica tomadura de pelo porque ademáis non se cortaron. Dous ou tres membros da corporación estaban a pasear Calle Mayor arriba e Calle Mayor abaixo”, explica asombrada.
O feito que non admite dúbida ningunha é que o pleno extraordinario solicitado polo grupo popular para tratar unha moción sobre o polígono industrial de O Morelle, e que tiña como data máxima para celebrarse este martes 11 de maio ás 12.30 horas, celebrouse coa obrigada presencia do alcalde, Claudio Garrido, pero coa máis que rechamante ausencia dos cinco ediles de Camiña Sarria e o concelleiro de Galicia Sempre.
OPERACIÓN RECADATORIA
O motivo alegado polo equipo de gobernó para tan sorprendente decisión foi considerar a convocatoria deste pleno extraordinario como unha operación recadatoria. Unha afirmación que molesta especialmente a José Antonio García ao ser o seu grupo, o Partido Popular, o solicitante desta sesión. “Que o alcalde diga que é por afán recaudatorio dos concelleiros da oposición, que cobran 100 euros e aos que renuncio no propio pleno de ser necesario, di moito do alcalde máis caro da historia de Sarria que se subíu o soldó un 40 por cento ao entrar na alcaldía”, explica o voceiro popular, quen insiste en sinalar a importancia da moción presentada.
“É chamativo que os concelleiros do goberno non vaian a un pleno sobre o futuro industrial de Sarria, sen solo industrial por estar atrancada a segunda fase do polígono industrial, mentras coñecemos empresas que se están marchando do noso concello”, apunta García.
O portavoz do BNG tampouco entende o argumento esgrimido para a ausencia no pleno. “Creo que é demagoxia. Solicitar un pleno extraordinario é un dereito que asístenos como concelleiros e o vivido hoxe paréceme un esperpento, unha actitude antidemocrática de aquí goberno eu e non quero nin oír á oposición”, apunta Efrén Castro, aínda máis molesto porque “algún estaban pola zona tomando un café. Non sei. Considero que é una actitude infantil, prepotente ou unha mezcla de todo. É unha cousa moi rara. Non sei cómo calificala”.
Pilar López incide en que “cada grupo ten dereito a solicitar tres plenos extraordinario no ano e pode pedilos cando queira. Non acudir é unha falta de respeto. Se eles consideran que é un afán recaudatorio poder ir e rechazar cobrar as dietas. O máis sorprendente de todo é que no equipo de goberno hai dous concelleiros que teñen dedicación exclusiva e unha das súas funcións é precisamente ir aos plenos”.
A MOCIÓN DA DISCORDIA
A orixe de toda esta inusual situación é unha moción para solicitar ao alcalde que inste ó Sepes a comezar a segunda fase da urbanización do polígono industrial de O Morelle sen estar condicionada á reserva previa de polo menos o cincuenta por cento do solo. E a petición para que o Concello intente negociar alguna rebaixa ou mellora no precio das parcelas, establecido en 70 euros por metro cadrado.
“Era unha moción constructiva e bastante fácil de asumir. Sarria non ten solo industrial e trátase dunha necesidade dende fai tempo ademais de que son dúas propostas que xa se aplicaron noutros concellos. Pretendía defender os intereses de Sarria sen máis”, analiza Efrén Castro.
TODOS A FAVOR E UNHA ABSTENCIÓN
O final da historia xa estaba anunciado. “Como o gobernó está en minoría, a moción ía saír adiante igual. Hai máis membros na oposición que no goberno”, explica o edil do BNG sobre a proposta que se aprobou cos votos a favor da súa formación, do PSOE e, por suposto, dos seus impulsores, o Partido Popular e coa abstención do alcalde.