Ponse en marcha unha nova edición do Campus Club Xirandela de Sarria

SarriaXa
Este ano, especial para o club polo seu 25 aniversario, contarán coa presenza de Carolina Rodríguez
Club-Xirandela-Torneo-Vila-de-Sarria
23 Xuño 2024

O Club Xirandela de Sarria abre o prazo de inscrición para o XXII Campus Club Xirandela Sarria 2024, que terá lugar do 1 ao 5 de xullo. Este ano, especial para o club polo seu 25 aniversario, contarán coa presenza de Carolina Rodríguez, ex-ximnasta olímpica da selección nacional española, diploma olímpico por conxuntos en Atenas 2004 e diploma olímpico en individual en Río 2016, que lles impartirá ás asistentes a tradicional masterclass. Os interesados poden solicitar máis información no campusclubxirandela@gmail.com

0.15540504455566