Ponte de Lóuzara, en Samos, celebrará as festas de San Xoán cunha xornada de música

SarriaXa
Os asistentes poderán disfrutar da música da Asociación Musical Caurelóuzara, que actuará grazas ao apoio da Deputación de Lugo
cartel-festa-louzara
9 May 2025

O próximo 21 de xuño, Ponte de Lóuzara, en Samos, encherase de alegría e tradición para celebrar as festas en honra a San Xoán.

Os festejos comezarán ás 13:30 horas coa misa maior e a posterior procesión, un momento de grande devoción e recollemento para os veciños e visitantes da zona.

Despois da misa, dará comezo a sesión vermú, onde os asistentes poderán disfrutar da música da Asociación Musical Caurelóuzara, que actuará grazas ao apoio da Deputación de Lugo.

A música continuará ao longo da tarde, xa que ás 19:00 horas a Asociación Musical Caurelóuzara volverá subir ao escenario, esta vez acompañada do Dúo Stylo.

Ademais, a festa se extenderá ata a noite cunha verbena protagonizada polo solista José Manuel, que poñerá ritmo á celebración.

⚙ Configurar cookies
0.14932513237