Por un puñado de votos da veciñanza do Incio

SarriaXa
Por un puñado de votosO goberno local do Incio está composto por cinco concelleiros do PP e por catro concelleiros do PSOE, mentres que o BNG non ten representación
candidatas incio 2023
12 May 2023

O goberno local do Incio está composto por cinco concelleiros do PP e por catro concelleiros do PSOE, mentres que o BNG non ten representación

Héctor Corujo, actual rexedor do municipio, saíu reelixido en 2019 despois de oito anos de goberno socialista, da man de Laura Celeiro, actual candidata polo PSOE nas vindeiras eleccións. Así, ambos os dous partidos, están presentes na corporación municipal, sendo o PP o máis representado, pero só cun concelleiro máis que os socialistas. Pola súa parte, María del Carmen Aira, foi elixida por unanimidade na asemblea local do BNG por primeira vez. A pesar de non ter obtido representación nesta última lexislatura, desde 1991 e ata 2019, o BNG estivo na corporación municipal de forma ininterrompida e este ano a intención é volver a estalo.

PP. O alcalde, Héctor Corujo, foi elixido como candidato e presidente do PP do Incio. En relación á xestión municipal, Corujo explicou que “estamos a reconducir a desastrosa situación económica que o Concello herdou do anterior goberno socialista”. Nese sentido, apuntou que a súa liña de traballo é a de “tratar de reducir o gasto ordinario e cadrar as contas para devolver no menor tempo posible o diñeiro prestado e poder facer máis investimentos”.

O popular destaca os atractivos naturais do municipio, “situado preto de vilas importantes como Sarria ou Monforte e ás portas da Ribeira Sacra e do Courel” e engade que “se volvemos contar co apoio dos veciños e volvemos ter a oportunidade de dirixir o Concello, seguiremos traballando para potenciar o turismo e ofrecer servizos, coma a dotación de banda ancha de internet para tódolos fogares, co obxectivo de que a xente se instale no rural”.

PSOE. Laura Celeiro repite como candidata dos socialistas ás eleccións municipais no Concello do Incio, onde xa foi alcaldesa desde 2011 ata 2019. Celeiro criticou de Héctor Corujo, o actual rexedor do Incio, que “non podemos vivir nun concello que é incapaz de resolver os problemas diarios da veciñanza”, dixo Celeiro.

A candidata socialista subliña que se presenta á Alcaldía “dende a responsabilidade que require este posto, pero tamén con moitas ganas de impulsar proxectos e iniciativas que redunden en toda a veciñanza da vila, sen excepción”.

Así, defendeu que quere gobernar “para presidir un novo goberno municipal que coloque aos veciños e veciñas como protagonistas da vida política”, porque di que o goberno do PP “dá as costas á veciñanza e está afastado das parroquias”, por iso di: “Queremos reverter esta situación. Hai outra forma de gobernar”.

O Secretario Xeral dos socialistas na provincia, José Tomé Roca, subliñou que “Celeiro é unha muller capacitada e preparada e que está disposta a traballar polo futuro dos seus veciños, con seriedade e firmeza”, incidiu.

Laura Celeiro sinalou que xa está traballando no programa electoral, e que presentará nas vindeiras datas a súa candidatura aos veciños e veciñas do Incio.
“Estou convencida que os cidadáns saberán ver no noso proxecto iniciativas realistas, como xa fixemos hai uns días, reclamando estender a hospitalización a domicilio (HADO) á veciñanza, ademais de dotalo de máis e mellores servizos públicos”.

BNG. A deputada por Lugo do Bloque Nacionalista Galego no Parlamento galego, Carme Aira, será a candidata á Alcaldía. “O BNG no Incio ten proxecto para avanzar e abrir un tempo novo no concello, por isto, somos a única alternativa que confía nas capacidades para poder desenvolver proxectos que melloren a vida da veciñanza e frear a despoboación”, declarou Carme Aira.

Así, destacou que lle dá “ás grazas aos compañeiros e compañeiras por ter a honra de poder encabezar este proxecto, no que imos poñer todo o empeño en desenvolver un proxecto de futuro co obxectivo é satisfacer co maior benestar á veciñanza, con servizos acaídos ao rural, e apostar por un sector primario de futuro”.

CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023

PSOE

1. Laura Celeiro García
2. José Amador Rodríguez López
3. Iria López Rodríguez
4. Darío Rodríguez Rodríguez
5. Iria Pereiro Arias
6. Miguel Ángel Moscoso Mao
7. Antonio López Fernández
8. Juan Manuel Pérez López
9. José Fernández Mera
Suplentes:
1. Fernando González Jato
2. Manuel González Caldas
3. Ester Rodríguez López
4. Manuel Pombo Vila
5. José Carlos Pereiro Vázquez

PP

1. Héctor Manuel Corujo González
2. Ramon Dositeo Mourelo López
3. María Mayra Freán Freán
4. Antonio Rodríguez López
5. Goretti Diaz Armesto
6. Sandra Fernandez Gandoy
7. Daniel Arias Jato
8. Daniel Magdaleno Sánchez
9. José Manuel Vilariño López
Suplentes:
1. Antonio González Santos
2. Juan Álvarez López
3. José Antonio Valcarcel Pereiro

BNG

1. María del Carmen Aira Díaz
2. Fernando Montero Gómez
3. Francisco Toirán López
4. Xulio Corujo Rodríguez
5. María Consuelo López Darriba
6. José Ramón Rodríguez Fernández
7. Manuel González Jato
8. Luís Castro Rodríguez
9. José Moscoso Vizcaino
Suplentes:
1. María Gallego Maceda
2. Antonio García Montero
3. Manuel Gómez Moure
4. Cosme Eladio Pombo Rodríguez

incio  elecciones 2019

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15048599243164