Praducelo de Lóuzara celebrou as súas festas na honra de San Antonio
SarriaXa
O núcleo samoense festexou esta cita tradicional logo de dous anos nos que a situación sanitaria impediu as celebracións.
12 Xuño 2022
O núcleo samoense festexou esta cita tradicional logo de dous anos.
Os veciños da aldea de Praducelo vestiron os seus traxes de gala no día de onte para render tributo a San Antonio. Despois de dous anos nos cales a pandemia impediu os festexos, este ano, coa mellora da situación sanitaria, propiciouse este encontro popular.
A xornada comezou coa alborada e a misa solemne ás 13.30 horas. Proseguiu coa tradicional procesión e sesión vermouth, a cal estivo animada pola Charanga de Paradela. Logo do xantar de fraternidade, este mesmo conxunto musical foi o encargado de facer danzar a todos os presentes na sesión de tarde que se iniciou ao redor das 17.30 horas.