Presentan o programa de actos para a Semana Santa 2025 de Sarria

SarriaXa
A Banda de Música da Comarca de Sarria actuará durante os días 12 e 13 de abril en diferentes actos organizados pola Cofradía del Santo Entierro y la Soledad
Igrexa-da-Nosa-Señora-do-Rosario-Sarria
10 Apr 2025

A Cofradía do Santo Enterro e a Soedade de Sarria preparou un amplo e variado programa de actos litúrxicos e culturais para conmemorar a Semana Santa 2025 na localidade.

Os actos comezaron o sábado 5 de abril e continúan este venres 11 de abril ás 19:00 horas, xa que se celebrará unha misa en honra á Virxe dos Dolores na Igrexa de Santa Mariña. Posteriormente, ás 20:30 horas, terá lugar o tradicional Pregón de Semana Santa, que será pronunciado por Mercedes Vázquez Saavedra na capela do Perpetuo Socorro, situada na Capela do Marqués. Ademais, a coral Sarricanta de Sarria ofrecerá unha actuación especial.

O sábado 12 de abril ás 20:30 horas, a Banda da Comarca de Sarria ofrecerá un concerto no Convento da Merced e colaboran o Coro Voces Novas dirixido por Berta Urbay e o Coro Cantántibus dirixido por Marcos Fdez.

O domingo de Ramos, 13 de abril, ás 12:00 horas, celebrarase a Bendición de Ramos na Igrexa do Convento da Merced, seguida da tradicional Procesión da Burriña cara á Igrexa da Nosa Señora do Rosario, acompañada pola Banda da Comarca de Sarria, guiados por Marcos Fernández Varela. A Eucaristía será ás 13:00 horas, e realizarase unha colecta para atender as necesidades de Bordón Sarria.

O luns 14 de abril, celebrarase a Unción de Enfermos ás 20:00 horas na Igrexa da Nosa Señora do Rosario, para todas as parroquias. Suprímese a misa de Santa Mariña.

O mércores 16 de abril, na xornada do Mércores Santo, ás 19:00 horas, celebrarase unha misa na Igrexa de Santa Mariña. A continuación, levarase a cabo o Viacrucis para todas as parroquias, que partirá de Santa Mariña cara ao Convento da Merced, coas imaxes do Cristo Crucificado e da Nosa Señora da Paz, da Orde Terceira da Merced.

O xoves 17 de abril, día de Xoves Santo, celebrarase a Misa da Cea do Señor ás 19:00 horas na Igrexa da Nosa Señora do Rosario, seguida da Adoración Nocturna, aberta a todos os fieis. Tamén se celebrarán adoracións na Igrexa do Salvador ás 18:00 horas e na Igrexa do Convento da Merced ás 19:00 horas. Ás 21:00 horas, levarase a cabo a Hora Santa na Igrexa da Nosa Señora do Rosario. A xornada concluirá coa Procesión do Silencio, que partirá ás 22:30 horas desde o Convento da Merced cara a Santa Mariña, coas imaxes de Xesús Cautivo da Orde Terceira da Merced.

O venres 18 de abril, Día da Pasión do Señor, celebrarase tres misas: ás 17:00 horas na Igrexa do Salvador, ás 17:30 horas na Igrexa da Nosa Señora do Rosario e ás 18:00 horas no Convento da Merced. Ás 20:30 horas, celebrarase a Procesión do Santo Enterro, que sairá desde a Igrexa de Santa Mariña cara á Igrexa da Nosa Señora do Rosario, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.

O sábado 19 de abril, ás 23:00 horas, terá lugar a tradicional Vigilia Pascual para todas as parroquias na Igrexa do Salvador.

O domingo 20 de abril, Domingo de Pascua de Resurrección, celebrarase as misas habituais en cada parroquia, co acto de Bendición da Auga e do Pan Pascual durante as misas parroquiais.

⚙ Configurar cookies
0.15157103538513