Presentan o XIX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria

Sarria volverá ser epicentro da maxia co XIX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria, que terá lugar no municipio os vindeiros 22, 23, 24 e 25 de agosto. O evento presentouse no salón de plenos do Concello da man do seu organizador Roberto Lolo.
Nas xornadas participarán unha vintena de magos entre eles Imanol, MagAldara, Magic Mateo e Alvart. Deste xeito, Lolo aposta por xente que nova que está comezando nun lugar como Sarria onde que fan sentir a cada artista como na casa.
Entre os debutantes está Alvart que se suma a outros como MagAldara, que debutou o ano pasado, gañando o agarimo incondicional do público, Magic Mateo, José Antonio coñecido como El Barón ou Christian Miró.