Preséntase en Samos o Club turístico-gastronómico da castaña e do mel cun Showcooking

SarriaXa
Hoy se presenta en Samos el Club Turístico Gastronómico de la castaña y de la miel con un showcooking organizado por GDR Ribeira Sacra-Courel.
showcooking club gastro samos
1 Dec 2021

Hoxe mércores 1 de decembro ten lugar en Samos a presentación do Club turístico-gastronómico da castaña e do mel, onde se realizará tamén un showcooking amosando diferentes usos culinarios destes dous produtos estrela do xeodestino.

O evento ten lugar no Mesón Pontenova, entre as seis e as oito da tarde, e as elaboracións culinarias con innovadoras receitas a base de castaña e mel correrán a cargo dos chefs Thadeu Castro e Nicolás López, que elaborarán tres pratos, un prato vexetariano, un guiso de prato principal e unha sobremesa.

“Destino Courel” é unha iniciativa creada pola asociación GDR Ribeira-Sacra Courel que se definiu en 2020 como a marca do xeodestino O Courel, que abarca os concellos de Folgoso do Courel, O Incio, Samos e Triacastela, e polo cal pasa o Camiño francés. O obxectivo é crear, mellorar e consolidar diferentes proxectos e negocios sustentables no Destino Courel de Lugo, o cal supón unha nova aposta por parte dos catro concellos por poñer en valor o talento e os recursos.

A semana pasada deron comezo as actividades, o mércores 24 realizouse en Triacastela o I Obradoiro de Emprendemento “Destino Courel” sobre o mundo da castaña e do mel, con 17 asistentes entre os profesionais e futuros profesionais do territorio; e o xoves 25 en Folgoso do Courel tivo lugar o Obradoiro de Creación de Experiencias Turísticas, con máis de 20 asistentes tamén de forma presencial. A inscrición foi totalmente de balde na web www.destinocourel.org.

O Club Turístico Gastronómico da castaña e do mel nace hoxe a nivel local, aínda que a súa intención é conseguir traspasar fronteiras. A adhesión será de maneira voluntaria, e os profesionais ou empresarios que se dediquen ao cultivo, elaboración ou comercialización da castaña e/ou do mel, poderán pertencer ao club sempre que se dediquen a dita actividade de forma profesional, para poder promocionar os seus produtos.

As actividades a desenvolver estarán distribuídas de acordo ás capacidades e a potencialidade de cada un dos empresarios e participantes, para dar forma á súa organización, estilo de xestión e produtos.

A base da creación deste Club de Produto de Turismo Gastronómico radica no traballo en equipo e na confianza para conseguir promocionar o produto da zona e favorecer o turismo. A certificación é o documento que acreditará a pertenza e será beneficiario o profesional ou empresa que preste o servizo.

2021 11 30 showcooking club gastro
0.16876697540283