Preséntase o libro “Andares” de Luís Celeiro en Samos

A Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) acompañará a Luís Celeiro na presentación do seu libro Andares, unha escolma dos primeiros artigos da sección Tía Manuela, que recolle a autoría do xornalista samanense Luís Celeiro Álvarez.
O acto celebrarase o venres 30 de xaneiro de 2026, ás 19:00 horas, na Antiga Biblioteca de Samos. Durante a presentación intervirán Chus López López, alcaldesa de Samos; Xaime Fernández Castro, historiador e guía turístico; Manuel Darriba Blanco, xornalista; Paula López López, profesora de FP de Imaxe e Son; e o propio autor, Luís Celeiro Álvarez.
Ademais, Brais Serantes Celeiro interpretará unha peza musical ao violín, completando unha xornada que combina literatura, historia e música para todos os asistentes.