Preséntase unha publicación que documenta o século de actividade de La Unión

SarriaXa
Preséntase unha publicación que documenta o século de actividade de La Unión editada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo
la union sarria
31 Out 2022

Efrén Castro e Maite Ferreiro participaron no acto de presentación de Libro de Ouro: Primeiro Centenario (1919-2019), Sociedade Cultural e Recreativa La Unión, unha publicación editada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo que documenta o século de actividade desta entidade sarriá.

Ó longo de case 500 páxinas, este volume conmemorativo afonda na orixe da sociedade na Sarria das primeiras décadas do século XX, lembra as persoas directivas e socias que a impulsaron e sostiveron ao longo deste último século e repasa as actividades culturais, sociais e recreativas que acolleu Villa Aurelia ou os nomes de persoeiros e persoeiras que a visitaron.

Coa edición do volume, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo rende homenaxe e recoñece a labor de La Unión no fomento da cultura e dos valores cívicos. Nesa liña, o deputado Efrén Castro valorou a traxectoria da entidade como “un orgullo para Sarria”.

0.17458987236023