Presentouse o II Torneo de Nadal fútbol sala 2024 de Sarria, que se celebrará os días 26, 27, 28 e 29

SarriaXa
“Estamos moi contentos organizando este evento, que o ano pasado encheu o pavillón do Chanto incluso durante os partidos que se xogaron de madrugada", explica Leo
II-Torneo-de-Nadal-Futbol-sala-Sarria
4 Dec 2024

Presentouse o II Torneo de Nadal fútbol sala 2024, que se celebrará os vindeiros 26, 27, 28 e 29 de decembro no pavillón José Mario González (O Chanto) coa colaboración do Concello de Sarria.

A organización da iniciativa, formada por Leandro Rodríguez López “Leo”, Toni Saa González, Emilio Saa González, Roberto Saa González, Pedro Castro Leira “Monarca” e David Arias López “Chavea”; espera unha participación similar á do ano pasado, a primeira edición que se celebrou e na que participaron 25 equipos, e o prazo para apuntarse pecha o 18 de decembro.

“Estamos moi contentos organizando este evento, que o ano pasado encheu o pavillón do Chanto incluso durante os partidos que se xogaron de madrugada, o que indica que á xente gustoulle. Queremos, ademais, agradecer aos establecementos que colaboran con nós e ao Concello de Sarria porque, sen a súa axuda, este torneo non sería posible”, sostén Leo, un dos organizadores.

Así, haberá premios para o equipo campión, para o subcampión, para o 3º e para o 4º clasificado, así como tamén haberá premios para o mellor porteiro e para o mellor xogador. Concretamente, o campión levará 1000 puntos e un trofeo, o segundo levará 500 puntos e un trofeo, mentres que o 3º e o 4º equipo clasificado levarán 120 puntos e un trofeo. Ademais, o mellor porteiro e o mellor xoga dor levarán un trofeo. “Sarria respira fútbol sala, dá gusto ver que a xente participa nos torneos, tanto neste como no de San Xoán que recupera mos en 2016; e tamén é especial ver como se enche o pavillón durante os enfrontamentos nos que xoga o Club Os Meigallos F.S.”, argumentou Leo.

0.15652298927307