Programan unha xornada de acompañamento dixital para maiores en Samos
SarriaXa
Os obxectivos disto son reducir a brecha dixital e acercar as novas tecnoloxías aos maiores
Foto recurso
24 Jul 2024
O vindeiro martes 30 de xullo, a Cruz Vermella ofrece unha charla e actividades de acompañamento dixital dirixidas a maiores no concello de Samos. Os obxectivos disto son reducir a brecha dixital e acercar as novas tecnoloxías aos maiores, a familiarización dos maiores co uso de diferentes dispositivos tecnolóxicos e ensinarlles o uso das APPS máis útiles para eles. Será no campo da festa, de 10.00 a 14.00 horas.