Promoven un gran desfile musical en Sarria para celebrar o Festival Blues no Camiño

SarriaXa
O percorrido discorrerá pola Rúa da Liberdade ata o aparcamento do Campo do Río e contará coas actuacións das bandas Dixie Blinders, Lust 'n' Found, Banda de Música de Sarria e Pájaros Azules
Dixie-Blinders-Sarria
8 Aug 2025

O Festival Sarria Blues no Camiño chama á participación de veciños e visitantes no seu gran desfile musical, que se celebrará o sábado 9 de agosto a partir das oito da tarde, con saída desde a estación de tren.

Inspirado no espírito festivo do Mardi Gras de Nova Orleans, o evento converterá as rúas da vila nunha mestura de cor, alegría e ritmos en directo.

O percorrido discorrerá pola Rúa da Liberdade ata o aparcamento do Campo do Río e contará coas actuacións das bandas Dixie Blinders, Lust 'n' Found, Banda de Música de Sarria e Pájaros Azules.

Tamén participará o Club de Clásicos de Sarria, que engadirá un toque especial a esta celebración ao aire libre.

A organización anima a todos a unirse, disfrazarse, levar instrumentos, pancartas ou calquera elemento que contribúa a encher a vila de cor e ambiente festivo.

⚙ Configurar cookies
0.15173697471619