Proxección e coloquio de 'Negro Púrpura' en Sarria

SarriaXa
Hoy 10 de diciembre se proyectará en la casa de cultura de Sarria Negro Púrpura posteriormente habrá un coloquio con el equipo técnico.
NEGRO PURPURA_portada
10 Dec 2021

Hoxe venres, 10 de decembro, na casa da cultura de Sarria terá lugar a proxección da película-documental Negro Púrpura, producida por Illa Bufarda e dirixida por Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva.

O acto dará comezo ás 19:00 horas e contará coa presenza das dúas directoras do film para facer a presentación do mesmo.

Sinopse

Negro Púrpura retrata a Galiza do s. XX a través do Claviceps purpurea, un fungo alucinóxeno que agroma nos cereais e que abre as portas a unha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da nosa cultura e da economía dunha época. Caruncho, cornecelo, dentón, cornello, grao de corvo… este fungo de mil nomes conéctanos co resto do mundo e alimenta os relatos dende a porta da veciña ata as multinacionais farmacéuticas e a CIA; dende as pragas medievais, pasando pola medicina popular, ata o LSD. Historias esparexidas que deixan un gusto amargo ao pan de centeo e que repercuten traspasados os océanos. Unha codia que garda un miolo delirante.

negro purpura sarria
0.085210084915161