Publicada as Bases da XIV edición Concurso de Tapas Tapicheo 2021 Sarria
Convocadas as bases para a participación na XIV edición do Concurso de Tapas Tapicheo 2021 Sarria.
Os requisitos para a participación na XIV Edición do Tapicheo 2021 son:
1. Poderán participar todos os establecementos de hostalería do Concello de Sarria.
2. Só se aceptarán as fichas de inscrición rexistradas a partir do día posterior á publicación das bases na sede electrónica do Concello de Sarria, e durante os seguintes cinco días hábiles ata ás 14:00h do último día.
3. Para realizar a inscrición será obrigatorio realizar previamente o pago dunha cota de inscrición de 30€. Esta poderase efectuar mediante ingreso ou transferencia bancaria. Ademais realizárase un pago de outros 30€ para o pago da viaxe que se sorteará entre os clientes que participen realizando o percorrido completo. Este pago efectuarase na axencia Viaxes Ecuador de Sarria, sita na Rúa Diego Pazos, 32.
4. A inscrición formalizarase a través do Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do Concello de Sarria, en horario de 9:00h a 14:00h, ou a través da Sede Electrónica do Concello de Sarria, mediante a ficha oficial de inscrición debidamente cuberta (anexo I) e achegando os xustificantes de pago de 30€ cada un (60€ en total), segundo o antedito no punto 3.
5. O nome da tapa indicarase no impreso de inscrición en letras maiúsculas e de forma lexible.
6. Non se poderán repetir tapas dos anos anteriores.
7. O tamaño das propostas responderán ao concepto de tapa, non racións nin medias racións.
8. Non serán válidas para o concurso as tapas que habitualmente se sirvan de balde nos locais, aínda que se realizaran pequenas modificacións das mesmas. Cada establecemento inscrito elaborará unha tapa especial para o concurso a cal non poderá ser cambiada durante o transcurso do mesmo. Ademais poderase realizar unha tapa infantil, esta categoría non entraría no concurso e faríase de forma opcional.
Fases do concurso
Data de inscrición: O prazo de inscrición comezará a partir do día seguinte á publicación das bases na Sede Electrónica do Concello de Sarria, cunha duración de cinco días hábiles, ata ás 14:00h do último día de presentación de inscricións.
Lugar de inscrición: A través do Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do Concello de Sarria, en horario de 9:00h a 14:00h, e a través da Sede Electrónica, previo pago das cotas. As bases do concurso e a ficha de inscrición, poderanse descargar na Sede Electrónica e na páxina web oficial do Concello de Sarria: www.sarria.es
Aceptación das bases: Tódolos participantes no concurso, polo simple feito de participar, aceptan as bases desta promoción e as normas que rexen a súa participación.
Duración e horarios do concurso: O concurso desenvolverase no caso de que haxa un mínimo de 15 locais inscritos; se non se cumprise este mínimo o concurso podería ser cancelado. As datas do concurso quedarán fixadas en función do número de establecementos participantes da maneira que se detalla a continuación: Os días 3, 4, 5 e 6 de decembro de 2021 no caso de que haxa entre 15 e 19 establecementos inscritos. Os días 3, 4, 5, 6 e 7 de decembro de 2021 no caso de que haxa entre 20 e 24 establecementos inscritos. Os días 3, 4, 5, 6, 7 e 8 de decembro de 2021 no caso de que haxa 25 ou máis establecementos inscritos. O horario mínimo obrigatorio é de 20:00h a 23:00h.
Prezo das tapas e material da promoción. O prezo das tapas estará comprendido entre 1€ e 3€. Entregaráselle a cada establecemento un cartel co cal quedará claramente identificado como participante do XIV concurso de tapas Tapicheo´21, unha urna e tarxetas de votación para que os clientes poidan emitir o seu voto. Todo o material promocional do concurso que se entrega, así como a urna para as votacións, terá que estar colocado nun lugar visible do establecemento e accesible para os clientes.
Recollida de urnas e reconto de votos: A data límite para deposita-los votos serán as 23:59h do día 8 de decembro de 2021. Unha vez finalizado o concurso procederase á recollida das urnas nos días posteriores. Do reconto dos votos do xurado popular, validamente emitidos polos consumidores, sairán seis finalistas que realizarán as tapas a semana seguinte á finalización do concurso para a degustación por parte do xurado profesional.
A degustación de tapas polo xurado profesional realizarase a semana seguinte á finalizar o concurso unha vez efectuado o reconto de votos populares; o cal realizará a valoración e do resultado desta sairán os gañadores do concurso.
Os premios para os establecementos gañadores entregaranse durante a celebración da Cena de Hostalería da Comarca de Sarria, e consistirán nun trofeo acreditativo para cada un dos premiados. Haberá 1º, 2º e 3º premio.
Requisitos de participación para os clientes
1. Só poderán participar aquelas persoas que sexan maiores de idade, que consuman as tapas e que as valoren a través da correspondente tarxeta de votación.
2. As tarxetas de votación poderanse recoller nos establecementos participantes.
3. Os establecementos participantes estarán distribuídos en cinco rotas diferenciadas coas súas correspondentes cores, debidamente diferenciadas nas tarxetas votación.
4. Os establecementos selarán a tarxeta dos clientes que así o desexen cando consuman unha tapa.
5. Para poder participar na votación, os clientes teñen que ter seladas as súas tarxetas como mínimo, por dous establecementos de cada rota ou cor, dez en total, no caso de que participen entre 15 e 19 establecementos; e como mínimo por tres establecementos de cada rota ou cor, quince en total, no caso de que participen 20 ou mais establecementos.
6. Só serán válidas as tarxetas de votación debidamente cumprimentadas cos datos solicitados, atendendo ao requisito exposto no punto anterior.
7. Cada cliente participante valorará a cinco establecementos, coa puntuación especificada na tarxeta tal e como se explica na mesma. Do reconto de votos sairán seis finalistas.
8. As tarxetas de votación poderanse introducir nas urnas que se atoparán nos locais participantes, ata as 23:59h do 8 de decembro de 2021.
Premios para os clientes participantes
Os establecementos participantes no XIV concurso de tapas Tapicheo 2021 ofrecerán premios para os clientes que participen na votación da categoría de xurado popular. Para entrar no sorteo de ditos premios consistentes en ceas, lotes de botellas de viño e licores e tarxeta de regalo de viaxe, ou análogos, será obrigatorio ter a tarxeta de votación debidamente cumprimentada e selada como mínimo por dous establecementos de cada rota ou cor, 10 en total, no caso de que participen entre 15 e 19 establecementos; e como mínimo por tres establecementos de cada rota ou cor, 15 en total, no caso de que participen 20 ou mais establecementos. Para entrar no sorteo dun bono regalo válido por unha viaxe por cortesía dos establecementos participantes, será obrigatorio que a tarxeta de votación estea debidamente cumprimentada e selada por tódolos establecementos participantes no concurso.
Sorteo
Unha vez finalizado o concurso e feito o reconto das votacións, realizarase o sorteo dos premios para os clientes participantes no salón de plenos do Concello de Sarria. A data do sorteo publicarase con anterioridade na páxina web e /ou nas redes sociais do Concello de Sarria. Tódalas tarxetas de votación debidamente cumprimentadas e seladas por tódolos establecementos participantes depositaranse nunha urna. Da mesma extraerase unha tarxeta ao azar que será a premiada co bono regalo válido por unha viaxe por cortesía dos establecementos participantes. Lerase o contido do premio e, posteriormente, o nome que figure na tarxeta premiada. A continuación, depositaranse na mesma urna tódalas tarxetas de votación que estean debidamente cumprimentadas e seladas co mínimo requirido. Da urna extraeranse ao azar tantas tarxetas como premios existan. Lerase en primeiro lugar o contido do premio e a continuación o nome que figure na tarxeta que será o da persoa gañadora; isto repetirase ata asignar tódolos premios.
Comunicación dos gañadores
Chamarase telefonicamente a cada un dos premiados para comunicarlles o premio obtido.