Publicadas as bases das axudas para microempresas e autónomos de Triacastela

SarriaXa
O Concello de Triacastela publica as bases das axudas para as microempresas e persoas traballadoras autónomas no termo de Triacastela.
triacastela
8 Sep 2021

O Concello de Triacastela publica as bases reguladoras das axudas para as microempresas e persoas traballadoras autónomas titulares de negocios no termo municipal de Triacastela, ás que afecta a crise da covid19.

Desta maneira, dende o Concello buscan impulsar a actividade económica da vila, despois da obrigatoriedade de parar os negocios para protexer a saúde e a seguridade da cidadanía. Para iso, outorgan liquidez ás microempresas e ás persoas traballadoras autónomas e os seus negocios para que estes poidan sobrevivir.

Estas axudas solo se poderán solicitar por titular de negocio afectado.

A Administración do Estado e a Autonómica proporcionan recursos estándares que unicamente os concellos poden ensamblar e adaptar á súa realidade local particular, exercendo as súas competencias en materia de desenvolvemento económico local e emprego, así como a concesión de axudas por mor de acontecementos e situacións que supoñan perigo e necesidade.

Considérase que os concellos poderán aprobar axudas respecto a materias que aínda que non sexan competencias propias ou delegadas, estean motivadas cos feitos xustificativos do estado de alarma e teñan como prioridade limitar na medida do posible os efectos da crise provocada pola pandemia, sempre que non se poña en risco a sustentabilidade da facenda municipal.

A contía destinada a atender a estas subvencións ascende a un importe total de 15.300 euros financiada mediante recursos do Plan Provincial Único de Cooperación para o ano 2021

O importe da subvención virá determinado polo número de solicitudes beneficiarias de microempresas e persoas traballadoras autónomas titulares de un negocio afectado cando acrediten unha baixada dos seus ingresos, cando menos do 30%, no ano 2020 comparado cos ingresos do ano 2019.

Prazo

O modelo de solicitude normalizado para a obtención das axudas reguladas na presente convocatoria estará dispoñible na sede electrónica do concello de Triacastela https://triacastela.sedelectronica.es e nas oficinas municipais.

Así pois, as solicitudes, poderán presentaranse no rexistro xeral do Concello de Triacastela no modelo normalizado ou ben por vía telemática a través da Sede Electrónica do Concello de Triacastela accesible a través do enlace https://triacastela.sedelectronica.es.

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes a contar a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP), neste caso, a partir do día de hoxe.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15643095970154