Puebla Futsal ten esta tarde unha cita no pavillón San Vicente de Cubelas

SarriaXa
Puebla Futsal ten esta tarde unha cita no pavillón San Vicente de Cubelas para enfrontarse ao equipo do mesmo nome
Puebla Futsal
18 Mar 2023

O club de fútbol sala Puebla Futsal enfróntase este sábado, 18 de marzo, contra o Club Cubelas Fútbol Sala.

A cita será ás 18.00 horas no pavillón de San Vicente de Cubelas e animan á afección do Puebla Futsal a acompañarlles.

Esta correspóndese coa xornada 19 na 1ª Autonómica Sénior Galicia.

As persoas interesadas en ir ver o partido poderán facelo, xa que o club pon a disposición dos interesados un autobús que sairá da Casa do Concello que está na Pobra de San Xiao para ir ata Cubelas.

Se a persoa é socia, terá que pagar dous euros, se non o é, o custo da viaxe é de cinco euros. Así, animan aos veciños a animar ao equipo.

Puebla Futsal
0.083210945129395