Quecen os motores da 46 edición do Rally San Froilán

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa
A cita, organizada pola Escudería Miño, xa ten as súas datas confirmadas e os concellos polos que transcorrerán os treitos
coche-alberto-meira-rally-san-froilan
3 Out 2024

O ruxir dos motores volverá a ser protagonista do Rally San Froilán, que chega este ano a súa 46 convocatoria, sendo así a última proba do Campionato Galego de Rallyes de Asfalto 2024. A cita, organizada pola Escudería Miño, celebrarase o 18,19 e 20 de outubro de 2024 e constará de 5 treitos diferentes, todos eles a dobre pasada, tendo un total de 103,86 quilómetros cronometrados e un total de 448,08.

A súa base estará no concello de Lugo e o parque de traballo será no polígono do concello de Outeiro de Rei, mentres que o parque pechado será na avenida de Ramón Ferreiro. Os treitos transcorrerán polos concellos de Outeiro de Rei, O Corgo, Láncara, O Páramo e Sarria.

Os reagrupamentos serán en Area 507 de Outeiro de Rei e, xa pola tarde, na avenida Calvo Sotelo de Sarria. A proba deste ano finalizará en Ramón Ferreiro. Na súa última edición, o rally logrou congregar un total de 125 equipos inscritos, máis de medio cento pilotos das comarcas de Lugo.

0.1795380115509