Quedan aprobados definitivamente os orzamentos do 2024 do Páramo
SarriaXa
O Concello do Páramo vén de aprobar definitivamente o seu orzamento para este exercicio, ano 2024 tras non rexistrarse alegacións.
12 Mar 2024
O Concello do Páramo vén de aprobar definitivamente o seu orzamento para este exercicio, ano 2024 tras non rexistrarse alegacións.
Así, a contía é de 1.191.072 euros, dos cales 163.850 euros son para investimentos reais, 643.016 euros son para gastos en persoal e os correntes serán de 350.000 euros.
Ademais, téñense previstos uns ingresos por valor de 686.355 euros procedentes doutas administracións, 317.000 de impostos directos, 30.000 euros de indirectos e 150.032 de taxas e outros ingresos.