Quedou renovado o asfaltado da rúa Benigno Quiroga de Láncara

SarriaXa
Quedou renovado o asfaltado da rúa Benigno Quiroga de Láncara despois dun mes de obras financiadas pola Deputación de Lugo
Rua Benigno Quiroga Lancara
8 Xuño 2023

A Rúa Benigno Quiroga da Pobra de San Xiao, en Láncara, quedou asfaltada e mellorada despois das obras de humanización financiadas polo Concello de Láncara e a Deputación de Lugo.

Así, os vehículos poderán circular por esta vía que anteriormente presentaba dificultades, como fochancas e desperfectos no pavimento, e agora será un paso máis accesible, cómodo e seguro para peóns e condutores, xa que é unha das rúas máis concorridas da capitalidade municipal.

Ademais, de levar a cabo a renovación do asfaltado, tamén se instalaron pasos de peóns elevados, renovouse a sinalización horizontal e vertical e incorporáronse tres prazas adaptadas a persoas con mobilidade reducida.

0.075244903564453