Queixas polo "abandono" da praza da Pontevella, en Sarria

SarriaXa
O PP faise eco das demandas dos veciños da zona, que falan de problemas no alumeado, pavimento danado e fonte pública que non funciona
danos praza fontevella sarria
12 Feb 2021

O PP de Sarria denuncia a "desidia" do alcalde do municipio e do conxunto do goberno local ante o "abandono" que presenta a praza da Pontevella.

Os populares fanse eco das reclamacións dos veciños e veciñas da zona, que se queixan de que o pavimento das sendas peonís que hai na praza ten numerosas lousas rotas e levantadas. Ademais, a pavimentación das mesmas anégase a miúdo, resultando "perigosa" para nenos e maiores, e moitas das bocas da rede de sumidoiros están afundidas.

A praza da contorna da urbanización Pontevella está dotada dunha fonte pública que, din, "está avariada e sen funcionar dende fai moito tempo", e tamén dunha zona de xogos infantís "co peche perimetral roto".

Dende o grupo municipal do PP engaden ademais que o espazo presenta un importante problema de alumeado público, debido a que "mais da metade" das farolas non funcionan. Aínda así, denuncian, a empresa adxudicataria do servizo "segue a cobrar o multimillonario contrato privatizador todos os meses".

praza pontevella sarria
0.1860499382019