Quince concellos benefícianse de axudas para a mellora de vías rurais

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Xunta destina máis de 700.000 euros, a través do Plan de Infraestruturas Rurais, a actuacións en 15 concellos da provincia
camiño rural
9 Feb 2021

Un total de 15 concellos da provincia beneficiaranse das obras de mellora en vías municipais que a Xunta vai executar a través do Plan de Infraestruturas Rurais (PIR), ás que destina un orzamento de 709.000 euros.

Os responsables municipais deses concellos mantiveron este martes unha xuntanza telemática co delegado territorial do Goberno autonómico en Lugo, Javier Arias, na que se lles informou de que se están finalizando os procesos de contratación, e que as obras se executarán proximamente, en canto se completen os trámites administrativos e o permita a climatoloxía.

Tres dos proxectos aprobados son compartidos por máis dun concello. Así, dedícanse 149.000 euros a mellorar as comunicacións entre Riotorto e A Pastoriza; 120.300 euros a pavimentar a vía de Meizarán, en Triacastela, a Filloval, nas Nogais; e 48.000 euros a incrementar a accesibilidade na área de concentración parcelaria de Pousada, en Baleira, e Camporredondo, en Baralla.

A Xunta tamén mellorará camiños municipais en Gaibor, en Begonte, con 48.200 euros; vías de Anxeriz e A Muraza, en Friol, con 48.300 euros; o firme da estrada de Francos a Navallos, en Guntín, con 40.000 euros; os accesos a explotacións agrícolas de Lamaboa, en Palas de Rei, con 46.500 euros; a pista de acceso a Pardellas, en Portomarín, con 48.300 euros; o camiño da Cova a Vilardomato, en Ribas de Sil, con 40.000 euros; o treito entre o regato de Fervedón e o núcleo do Ventorrillo, en Sober, con 48.200 euros; e os accesos a Pontide-Suegos e a Castrobó-Mosende, no Vicedo, con 48.000 euros. Ademais, farase un muro de contención na estrada de acceso á ribeira de Vilachá, en Trasmonte, no concello da Pobra do Brollón, cun investimento de 23.800 euros.

O delegado territorial destacou que o PIR é unha das medidas da Administración galega para contribuír a asentar poboación nos concellos rurais da provincia de Lugo “creando novos servizos e mellorando infraestruturas básicas como son as vías de comunicación”. Na mesma liña, lembrou que a Xunta vén de aprobar o Plan Marco de mellora de camiños municipais de  acceso a parcelas agrícolas para o período 2021-2022, que suporá un investimento de máis de 3,6 millóns de euros na provincia e chegará a todos os concellos lucenses.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14955496788025