Raoul Eden actuará esta noite no Buril de Sarria
SarriaXa
Raoul Eden actuará esta noite no Buril de Sarria cun concerto ás 21.00 horas no que tocará música de blues e india
12 Jun 2023
O Buril de Sarria organiza un novo concerto para esta noite de 12 de xuño, ás 21.00 horas, no que actuará Raoul Eden coa súa música de Blues primitivo e guitarra oriental.
As persoas interesadas en acudir a esta cita poderán facelo pagando unha entrada de 5 euros, coa que poderán desfrutar dun evento musical instrumental e psicodélico.
Este guitarrista solista francés inspirouse no cru blues rural e no primitivo estilo americano (Robbie Basho, Jack Rose) a un lado máis lírico ou oriental do xénero (música árabe-andaluza, música lírica ou râga india).