Rapaces de diferentes países de Europa participan nun proxecto de desenvolvemento en Samos
SarriaXa
O Concello de Samos será o centro de desenvolvemento turístico dun proxecto piloto creado por un grupo de mozos e mozas de Italia, Alemaña, Portugal, Irán, Marrocos, Túnez e concellos de Galicia.
23 Nov 2023
O Concello de Samos será o centro de desenvolvemento turístico dun proxecto piloto creado por un grupo de mozos e mozas de Italia, Alemaña, Portugal, Irán, Marrocos, Túnez e concellos de Galicia.
Así, o proxecto Lugo Digital Creative Experience será o marco no que traballen estes rapaces, dentro do programa do Corpo Europeo de Solidaridade, que agrupa rapaces de entre 18 e 30 anos que teñan gañas de axudar ao conxunto da comunidade en Europa.
Estes rapaces traballarán nun proxecto de desenvolvemento tecnolóxico aplicado no turismo en Samos, que despois poderá utilizar o propio Concello.