Raquel Queizás presenta en Sarria Cinema Marabillas. Ver para ler!
SarriaXa
Raquel Queizás chega a biblioteca pública Camilo Gonsar do Concello de Sarria para presentar Cinema Marabillas. Ver para ler!
16 sep 2021
Raquel Queizás chega a Sarria para presentar Cinema Marabillas. Ver para ler!. Con esta actuación preténdese dar a coñecer a relación que existe entre o cine e a literatura infantil e xuvenil.
A cita levarase a cabo no día de mañá, venres día 17 de setembro, ás 17.30 horas na biblioteca pública Camilo Gonsar.
Daranse a coñecer diferentes obras coma Polgariño, Alicia no pais das marabillas, Peter Pan, O mago de Oz; e gozarase coa proxección de fragmentos das primeiras adaptacións cinematográficas de cine mudo inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura.