Raúl Alegría, estrela convidada no XX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria

O XX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria contará este ano cun nome destacado a nivel nacional e internacional: Raúl Alegría.
O recoñecido ilusionista cántabro visitará por primeira vez a vila para formar parte do cartel do evento, considerado xa unha cita imprescindible no calendario cultural de Sarria.
Alegría, cunha longa traxectoria no mundo da maxia e espectáculos a nivel mundial, destacou tanto pola súa profesionalidade como pola súa disposición persoal a colaborar co festival, achegando non só o seu talento, senón tamén un trato próximo e afable que xa foi valorado pola organización.
Desde a dirección do festival subliñan que esta edición non só contará con grandes artistas, senón tamén con grandes persoas, algo que Alegría simboliza á perfección, segundo recoñecen.
A súa chegada foi descrita como un “bombazo” polo impacto que supón para o festival e a satisfacción que representa que o público local poida desfrutar en directo dun dos ilusionistas máis relevantes dos últimos tempos.