Raúl Taboada López compuxo a 'Pandeirada do Páramo'

SarriaXa
A pandeirada está interpretada pola súa filla, Mónica Taboada, Loly Hermo e Teresa Iglesias ás voces, e Iglesias tamén se encarga da percusión
Raul-Taboada-Lopez-O-Paramo
8 Oct 2024

O escritor paramense Raúl Taboada López compuxo a 'Pandeirada do Páramo', unha composición de versos falados dos que se influíu de Rosalía de Castro, xa que os dous primeiros son dela, pero o resto saíron do escritor.

Desta maneira, o escritor quere homenaxear O Páramo, a súa vila natal, como forma de gratitude e recoñecemento, xa que é onde naceu e aínda ten moito contacto co municipio.

A cantiga, na que se fai referencia á súa infancia no Páramo, son protagonistas as xuntanzas dos veciños e veciñas nas que se celebraba algo especial. Aínda que o escritor sostén que lle xurdiu a idea de compoñer esta cantiga nunha visita ao Courel.

Concretamente, durante unha saída de turismo rural a Vilamor, o escritor cantou unhas cantigas galegas e saíulle a letra da pandeirada, que agora quere dar a coñecer e rexistrala como propia co obxectivo de espallar dita canción como un recoñecemento ao Páramo.

A pandeirada está interpretada pola súa filla, Mónica Taboada, Loly Hermo e Teresa Iglesias ás voces, e Iglesias tamén se encarga da percusión. Para os arranxos finais da canción, Felipe Mariño foi o posprodutor da canción e do vídeo que acompaña á pandeirada.

0.14190697669983