Realízase o acondicionamento de varias estradas no municipio de Samos
O concello de Samos vén de executar obras de acondicionamento e limpeza en varias das súas estradas, en concreto nas que rodean as parroquias de Santamariña a Louzarela, de Estraxiz a Vilamea, de Brea a Pita, no pobo de Lamas e en Lampazas.
O obxectivo principal non só é producir unha mellora do estado destas estradas acondicionándoas tanto para o paso de vehículos coma de tódolos veciños, senón tamén limpar as súas marxes e nunha delas, en Lampazas, realizar tamén traballos de aglomerado.
Entre os próximos proxectos que ten previstos o concello de Samos, está o arranxo da estrada que vai entre os núcleos de Vilachá a Castroncan.
Por outra banda e para continuar coa mellora das infraestruturas no municipio, puidemos saber tal e como confirma o propio alcalde, o socialista Julio Gallego, que “o concello fíxose cunha retroescavadora por valor de 104.000 euros aproximadamente”, declara o rexedor.