Rebuldeira Teatro presenta as datas e lugares onde representarán as súas obras de teatro

SarriaXa
Durante os meses de setembro, outubro, novembro e decembro actuarán en diferentes localidades de Galicia representando Os vellos non deben de namorarse e Cita previa
Os-vellos-non-deben-de-namorarse-Rebuldeira-Teatro
24 Sep 2024

O asociación e colectivo dedicado ao teatro de Sarria, Rebuldeira Teatro, vén de anunciar as súas datas e lugares onde van actuar durante os meses de setembro, outubro, novembro e decembro para que as persoas interesadas poidan ir ver á agrupación actuar.

Desta forma, para o que queda de setembro, Rebuldeira Teatro estará en Melide o sábado 28 ás 21.00 horas e en Nigrán o domingo 29 ás 19.00 horas. En ambos días representarán Os vellos non deben de namorarse.

Pola súa parte, en outubro comezarán a xira en Ferrol o día 13, no que representarán Cita previa ás 19.00 horas. O día 18 de outubro estarán en Paradela, representando Os vellos non deben de namorarse ás 19.00 horas. O día 19 estarán á mesma hora e representando a mesma obra en Bóveda e o día 20 en Samos. Finalmente, o día 26 estarán en Corcubián ás 19.30 horas representando Cita previa.

En novembro, Rebuldeira Teatro empezará o día 2 en Pontedeume representando Os vellos non deben namorarse ás 19.00 horas e logo seguirá en Monterroso o día 9 ás 20.00 horas e o día 17 a Sarria, onde tamén representará esa mesma obra ás 20.00 horas.

Finalmente, en decembro, o día 8, estarán en Friol ás 17.00 horas coa súa obra Os vellos non deben de namorarse.

0.15525913238525