Rebuldeira Teatro representará esta tarde 'Os vellos non deben de namorarse'

SarriaXa
Terá lugar na Casa da Cultura de Sarria a partir das 20.00 horas deste domingo
Cita-previa-Rebuldeira-tearo
22 sep 2024

A Asociación Cultural Rebuldeira Teatro actúa esta tarde na Casa da Cultura de Sarria como parte da programación do Concello de Sarria para este mes de setembro.

Desta maneira, a compañía sarriá representará a partir das 20.00 horas a obra de teatro ‘Os vellos non deben de namorarse’, unha obra de Castelao.

Todas as persoas interesadas en desfrutar desta iniciativa, poderán achegarse á Casa da Cultura de Sarria e ver a escenificación de maneira gratuíta.

0.14747285842896