Rebuldeira Teatro trae a Láncara e Sarria as últimas representacións teatrais da tempada
Rebuldeira Teatro organiza unha nova representación teatral, desta vez 'Cita previa', que se representará este sábado no campo da feira da Pobra de San Xiao, en Láncara, ás 12.00 horas e na Casa da Cultura do Concello de Sarria o vindeiro domingo, día 19 de novembro.
Desta maneira, o grupo de teatro finalizará a súa xira nesta tempada en Láncara e Sarria cunha obra de historias dispartadas nas consultas médicas, enmarcada dentro do Circuíto Galego de Teatro Amador 2023, patrocinado por FEGATEA e coa colaboración do Concello de Sarria.
Desde o grupo animan a todas as persoas a participar e esperan que todos os que non puideron acceder á representación no primeiro pase de setembro, pola falta de aforo da sala, poidan "acompañarnos e pasar un rato agradable cheo de gargalladas", sostiveron.