Recital do poemario 'Soñando en verbo amar' en Sarria

SarriaXa
Recital do poemario 'Soñando en verbo amar' no municipio de Sarria, unha obra de Primitivo Oliva Fernández
Primitivo Oliva Fdez
21 Jul 2022

O municipio de Sarria acolle mañá venres 22 ás 20.00 horas a presentación do poemario 'Soñando en verbo amar' do autor toledano Primitivo Oliva Fernández.

Neste recital de presentación do poemario, Primitivo contará coa colaboración da escritora Sonia Árias López.

SOBRE O AUTOR

Primitivo Oliva Fernández, naceu en Robledo del Mazo (Toledo) pero actualmente reside en Móstoles. O seu afecto pola poesía exténdese dende que era pequeno pero a súa obra escrita comezou a desenvolverse relativamente de xeito tardío para a súa idade.

É membro da Asociación Española de Amigos da Poesía, de Versos pintados del Café Gijón e da Unión Nacional de Escritores de España. Ten publicados seis poemarios entre os que se atopan Versos al aire, Surcos de tierra y piel, Ojos que no sonríen, El pescador de sueños, Las sombras del camino e Con la brisa del norte, con varios tomos en preparación para ser editados.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16153001785278