Recollen doazóns de sangue esta semana en Sarria
SarriaXa
A unidade móbil para a recollida de doazóns estará na localidade o martes e o mércores, en horario de mañá e tarde
22 Feb 2021
A unidade móbil para a recollida de doazóns de sangue desprazarase esta semana a Sarria, para recoller as doazóns dos veciños e veciñas que así o desexen, sempre que sexan maiores de 18 anos e teñan máis de 50 quilos de peso.
O martes, día 23, o vehículo prestará servizo de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 21.00 horas na rúa Calvo Sotelo, á altura do paseo do Malecón.
O mércores, día 24, permanecerá diante do instituto Gregorio Fernández en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas. Pola tarde, de 16.30 a 21.00 horas situarase de novo na rúa Calvo Sotelo.
O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar e, no seu caso, a tarxeta de doante.