Recollen doazóns de sangue esta tarde en Sarria
SarriaXa
A unidade móbil estará, entre as 16.00 e as 21.00 horas, na rúa Calvo Sotelo, fronte ao Paseo do Malecón. Recoméndase solicitar cita previa para doar.
29 Mar 2021
A unidade móbil de doazón de sangue estará esta tarde en Sarria, para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.
O vehículo prestará servizo entre as 16.00 e as 21.00 horas na rúa Calvo Sotelo, fronte ao Paseo do Malecón.
O servizo lembra que para doar sangue hai que agardar dúas horas despois de xantar. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.
Recoméndas que aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón soliciten cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.