Recollen doazóns de sangue no Incio

SarriaXa
A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes 27 de xullo no Concello do Incio para recoller as colaboracións dos veciños.
doazon sangue
17 Xul 2021

A unidade móbil de doazón de sangue estará o martel 27 de xullo no Concello do Incio para recoller as doazóns dos veciños e veciñas que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 10.15 e as 14.00 horas diante do local de usos múltiples (no antigo mercado gandeiro).

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.

doazon incio
0.097836971282959