Recollen doazóns de sangue no Páramo
SarriaXa
O Concello do Páramo anuncia que unha unidade móbil de doazón de sangue instalarase no municipio o día 19 de xaneiro.
12 Xan 2022
A unidade móbil de doazón de sangue estará o vindeiro mércores 19 de xaneiro no Páramo para recoller as doazóns dos veciños e veciñas que así o desexen, sempre que sexan maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.
Estará situada no Campo da Feira en horario de 16.00 a 18.00 horas.
O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou, no seu caso, tarxeta de doante.
Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.