Recollida de plásticos agrícolas os días 3 e 4 de maio en Paradela

SarriaXa
Los días 3 y 4 los ganaderos podrán depositar los plásticos agrícolas en desuso en el mercado ganadero de Paradela.
plasticos agricolas
23 Abr 2022

O Concello de Paradela pon en marcha a recollida de plásticos de silo e de invernadoiros para que os gandeiros poidan desfacerse dos plásticos sobrantes ou xa usados nas súas explotacións.

Dende o goberno local recordan que tan só se recollerán plásticos de silo ou invernadoiro. Os plásticos deberán estar atados en fardos, non poderán levar restos de terra, herba ou calquera outra cousa. Non se poderán depositar rondas nin garrafas de plástico, tan só plásticos de silo.

Os plásticos serán depositados na explanada do mercado gandeiro os días 3 e 4 de maio en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Para resolver calquera dúbida que poida xurdir pódese chamar ao número 982 541 101.

0.093868017196655