Recoñécese a primeira agrupación forestal de xestión conxunta, a de Ribeiras de Sucastro de Paradela
SarriaXa
A Xunta de Galicia vén de recoñecer oficialmente á asociación forestal de propietarios Ribeira de Sucastro de Paradela
22 May 2024
A asociación forestal de propietarios Ribeira de Sucastro de Paradela vén de ser recoñecida oficialmente pola Xunta de Galicia como agrupación forestal de xestión conxunta, unha das primeiras da comunidade galega e a primera da provincia de Lugo.
Desde a empresa de consultoría enxeñeira e forestal ambiental Foresin, onde traballa, seguirase apoiando o colectivo, realizando o plan técnico de xestión no que estarán definidos e programados os traballos a levar a cabo nos terreos agrupados.
Así, os veciños e propietarios das leiras poderán ir definindo as ideas polas que se decidirá que tipo de utilidade produtiva se lle dá aos terreos, xa que están preto do río Loio e a idea principal é a recuperación de castaños.