Volve o Entroido a Samos, que fixo desfrutar a pequenos e grandes de diversas actividades
Samos recuperou o seu Entroido despois de máis de dez anos sen celebrarse coa iniciativa e aposta do actual Goberno local, que programou diversas actividades para nenos e nenas, pero tamén para adultos.
Así, contouse con Yolanda Álvarez para que presentara o seu libro ‘O Misterio do Tulipán’, incluíndo un contacontos musical para todos os pequenos do municipio e houbo tamén pintacaras e un sorteo dunha taza da Furgoteca.
Ademais, decenas de veciños e veciñas de Samos que se achegaron puideron desfrutar dunha sesión vermú coa música da Charanga Son do Faro Brass mentres se desenvolvía o concurso de disfraces, que rematou cun sorteo de agasallos.
Desde o Goberno local valoran a cesión de libros da Deputación de Lugo para facer o sorteo cos máis pequenos e unhas lonas que se lles cedeu aos veciños e veciñas de Samos para pechar o recinto onde tivo lugar o desfile de disfraces. Tamén agradecen á Asociación de Comerciantes e Artesáns a súa implicación e a Alen, así como á veciñanza, "que se implicou moito", destacaron.