Remata a programación de narración do Ultreia et Suseia "cun grande éxito de asistencia"

SarriaXa
Desta maneira, o Ultreia Et Suseia segue coa actuación do monologuista David Perdomo este venres, a única actuación de pago
Narrativa-Infantil--César-No-Ultreia-et-Suseia
César No en Narrativa Infantil no Ultreia et Suseia
19 Jul 2024

Continúan as actividades do Ultreia et Suseia, pechando no día de onte, xoves 18 de xullo, coa programación de narración desta edición, "cun grande éxito de asistencia", tal e como sosteñen desde a organización do evento.

Así, por unha banda, tivo lugar a narración infantil no parque do Chanto, que este ano foi protagonizada por César No e Bea Campos, e que foi "un gran desfrute para os máis cativos".

Por outro lado, celebráronse os Contos Sonoros, que conxugaron narración e música, da man de actuaron Carmen Conde e
Celso Sanmartín, que foron acompañados pola Banda de Música de Sarria e pola Banda de Música da Comarca de Sarria.

Desta maneira, o Ultreia Et Suseia segue coa actuación do monologuista David Perdomo este venres, a única actuación de pago, e rematará o sábado coa Romaxe do Camiño, unha xornada de confraternización con música e un xantar popular de balde.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17507886886597