Remata o Campamento de Verán de Paradela cunha entrega de agasallos

O venres rematou o Campamento de Verán 2024 do Concello de Paradela, no que participaron nenos e nenas do municipio durante os meses de xullo e agosto.
A terceira tenente de alcalde e delegada de Promoción do Emprego, Formación, Cultura e Novas Tecnoloxías, así como traballadora social do Concello, en representación do Concello, Ana Belén, acudiu a despedir aos nenos e nenas participantes, aos que lles entregou un pequeno agasallo doce e un xogo .
Os nenos participantes desfrutaron moito e realizaron varias actividades fóra do pavillón, como xogos de auga, merendas, desfrutaron da nosa piscina, visitaron a biblioteca, e o centro de maiores, entre outras actividades.