Remata o festival NarraSarria o domingo

SarriaXa
Nerea Brey e Iván Davila pechan o festival NarraSarria o domingo día 1 de agosto con dous espectáculos diferentes.
narra sarria contacontos
31 Jul 2021

Nerea Brey e Iván Davila pechan o festival NarraSarria este fin de semana. O festival, primeiro que nace na vila de Sarria sobre narración oral e contacontos, dará por finalizado o domingo despois da actuación de Iván Davila.

Nerea Brey comezará a xornada do domingo ás 12.30 horas no Malecón, cun espectáculo dirixido aos más pequenos. Así pois, contará Lúa e o tesouro do hórreo, que recolle as lendas galegas da man dunha rapaza moi bulideira que está na busca dun tesouro. Para finalizar, será o turno de Davila que chegará á praza da vila para presentar os seu Contos na lareira, unha proposta educativa e lúdica dirixida a nenos e nenas de máis de 3 anos. Esta actuación realizarase ás 20 horas.

Ponse, desta maneira, punto e final a unha actividade que levou oito espectáculos ás rúas da vila durante os domingos de xullo e o primeiro de agosto. O festival está impulsado pola compañía Feira do Leste e conta coa financiación do Concello de Sarria.

cartel narra sarria
0.15888094902039