Rematada a humanización na contorna da antiga ferrería de Triacastela

SarriaXa
Triacastela cuenta con un entorno de ferrería renovado gracias a la humanización llevada a cabo en las últimas semanas.
humanizacion triacastela
25 Xan 2022

A humanización na contorna da antiga ferrería, que serve de entrada ao pobo e tamén de saída do Camiño Francés por San Xil xa está rematada. O investimento realizado para esta obra foi de 49.917,03 euros.

O proxecto executado en Triacastela tiña como fin acadar unha humanización integral da marxe dereita da avenida Camilo José Cela, localizada nas proximidades do Camiño de Santiago e na contorna da antiga ferrería. Para logralo, acometeuse a pavimentación en pedra da zona, dotándoa ademais de beirarrúas amplas e seguras, e colocáronse muros de mampostería en sintonía coa contorna e primando os materiais propios da zona para xerar un impacto visual positivo.

Tamén se levou a cabo unha mellora dos servizos existentes, coa renovación do alumeado público, a substitución da rede de pluviais, a remodelación do firme e a instalación de nova sinalización. Así mesmo, unha das actuacións máis visibles consistiu na execución dunha escaleira de acceso desde o ramal 1 cara á zona peonil da avenida.

A alcaldesa de Triacastela subliñou a importancia deste tipo de actuacións para os concellos galegos, que no seu caso concreto permitiu humanizar a entrada ao pobo e á vez, “dotar de servizos” ás vivendas da zona. “Creo que as persoas que pasen por Triacastela de camiño a Santiago van levar un recordo moito mellor do noso pobo grazas a esta intervención nas inmediacións da avenida Camilo José Cela e no coñecido como Camiño Vello”, declarou.

0.15879201889038