Rematadas as obras de substitución da cuberta do pavillón do Chanto en Sarria
A semana pasada déronse por finalizadas as obras de substitución da cuberta do Polideportivo de Sarria situado na Rúa Castelao. Malia que aínda tiña 20 anos o tellado corría o risco de levantamento con fortes ventos e, ademais, coa choiva, producíanse goteiras no interior do edificio.
Tras un acordo entre o CB Sarria, a empresa adxudicataria e o Concello, chegouse ao entendemento de que as obras se executaran no horario de 8.00 horas a 18.00 horas. Desta maneira, a actividade deportiva dos sarriaos apenas se viu afectada. Tan só os máis novos tiveron que adestrar nos pavillóns dos centros educativos, debido a que o seu horario é de 16.00 a 18.00 horas.
A empresa adxudicataria foi Umiametal que contou con 20 días para a realización dos traballos que tiveron un orzamento de 57.245 euros.
Ademais, aproveitouse para renovar as luces por luminarias con tecnoloxía LED.
Neste pavillón realizan deporte máis de 300 anos polo que é fundamental garantir as mellores instalacións que fomenten e promoven a vida saudable e a actividades física.
Estes traballos súmanse ao acondicionamento dos pavillóns dos institutos que constaron da renovación dos vestiarios con novas duchas e solo antiesbarante. Ademais, tamén se realizaron traballos de carpintería, repintado, reposición de azulexos, etc. Por outra banda, o pavillón de Oural tamén renovou a súa cuberta.