Rematan as XV Xornadas Xurídicas Román García Varela en Sarria

SarriaXa
Clausuran en Sarria as XV Xornadas Xurídicas Román García Varela logo de dous días onde se tratou a Intelixencia Artificial e o Dereito.
xornadas xuridicas sarria (2) (1)
4 Xuño 2022

Logo de dous día remata este evento organizado por García- Varela Iglesias e Carlos Lema Devesa. Nesta ocasión, os asuntos tratados converxeron ao redor da Intelixencia Artificial e o Dereito.

 

A xornada deste sábado arrancou ás 11.00 horas na Casa da Cultura de Sarria cunha nova mesa redonda. Artigas Brugal, Secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, exerceu de moderadora. Temas como    "A Intelixencia Artificial e o Cibercrime” foron analizados ao longo da mañá. Todo grazas á presenza de especialistas como Antonio Piña Alonso, presidente da Audiencia Provincial de Ourense. 

Asemade, tamén interviron outros expertos como Iñaki Vicuña,  Letrado Maior do Consello Xeral do Poder Xudicial e Director do Centro de Documentación Xudicial, máis Olalla Díaz. Esta última, Maxistrada do Xulgado Contencioso-administrativo Nº1 e Decana de Lugo, centrou o seu discurso no "impacto da Intelixencia Artificial na xurisdición contenciosa administrativa". Vicuña, pola súa banda, apostou por conversar acerca de "Planificación e desenvolvemento da IA no CXPX".

O acto foi clausurado ás 13.00 horas, tras unhas xornadas de intensa actividade onde tamén participaron Rafael Sarazá, Maxistrado do Tribunal Supremo, Rosa Mª Tomé, Letrada da Administración de Xustiza da Audiencia Nacional, ou Santalices Vieira, presidente do parlamento galego.

0.21809196472168