Rematan os adestramentos de baloncesto da Escoliña CB Sarria

SarriaXa
Este pasado luns, día 31 de maio, foi o derradeiro día de adestramentos de baloncesto da Escoliña CB Sarria.
sarria baloncesto
5 Xuño 2021

Este pasado luns, 31 de maio, foi o derradeiro día de adestramentos de baloncesto da Escoliña CB Sarria. Nestas xornadas realizáronse actividades e diferentes deportes, ademais da actividade principal: o baloncesto.

Así pois, participaron os máis pequenos e pequenas nunhas xornadas que se realizaron no ximnasio do Ies Xograr Afonso Gómez, un espazo seguro e con capacidade para gardar distancias de seguridade e manter as medidas de seguridade oportunas.

Dende o CB Sarria queren dar as grazas pola confianza posta no club aos pais e nais da Escoliña, así coma ao Concello de Sarria por formar parte das Escolas Deportivas Municipais.

0.18463683128357