Rematou a mellora do acceso ao núcleo da Gándara, no Páramo

SarriaXa
As obras, que incluíron renovación do pavimento e pintado da sinalización horizontal, supuxeron un investimento de preto de 39.000 euros.
o paramo via rural acceso 2
29 Mar 2021

O Concello do Páramo vén de rematar os traballos da primeira fase da estrada de acceso ao núcleo da Gándara. As obras supuxeron un investimento de preto de 39.000 euros, con cargo aos fondos do Plan Único.

A actuación que se levou a cabo supuxo a renovación do pavimento do vial, coa aplicación de aglomerado en quente, e mailo pintado da sinalización horizontal.

Desde o goberno local aseguran que esta estrada dará "un gran servizo á parroquia de San Vicente por Pinte e Quintela" e salientan que a actuación que se vén de rematar permitirá tamén "poñer en valor elementos do noso patrimonio, como é a igrexa románica de Ribas de Miño'.

O Concello do Páramo está piques de rematar ademais o acondicionamento do vial de acceso ao núcleo de Gondrame. Os traballos, tamén con cargo ao Plan Único, contan cun orzamento de 52.000 euros.

o paramo via rural acceso

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15970396995544