Rematou o taller de arte urbano organizado polo Concello de Láncara
SarriaXa
Rematou o
9 Sep 2023
Rematou o taller de arte urbano organizado polo Concello de Láncara e no que puideron participar nenos e nenas de 6 a 16 anos.
Este obradoiro celebrouse durante cinco días na Pobra de San Xiao, fronte á casa do concello.
Nel, os cativos recibiron tanto clases teóricas como prácticas de técnicas de grafitti da man de Diego As e Manuel Seijas.
Os nenos pintaron un gran mural que conta con diferentes cores e debuxos que foron plasmados polos pequenos artistas tralos bocetos previos que prepararon conxuntamente cos grafiteiros.